Pizarra con garabatos
O terceiro xoves de
novembro celébrase o Día Mundial da Filosofía. Este ano cae en 16, e para
celebrar unha data tan necesaria realicei este póster que podedes descargar en
alta resolución aquí.
Como podedes ver, a
ilustración céntrase nalgunhas filósofas importantes e destacadas. Como sempre,
non están todas as que son, pero son todas as que están.
Lembrade que
podedes compartir a obra sempre que non sexa para usos comerciais. Utilizádeo a
discreción nas vosas aulas. Canto máis compartamos, máis aprenderemos.
ACTUALIZACIÓNS
1.0.
O póster está
dispoñible en Inglés, Castellano, Valenciano, Euskera, Francés e Galego.
Corrixíronse
erratas, como as datas referentes a Hanna Arendt.