Coral Elizondo: "Los nadies, los ningunos, los ninguneados"





Coral Elizondo




Eduardo Galeano escribiu en 1940 un poema sobre Los nadies, e se refire a eles como “aquéllos que no son aunque sean, que no hablan idiomas, sino dialectos”. Podería reescribirse o texto con outros versos semellantes: que non fan música, senón musicoterapia, que non fan arte, senón arteterapia…. E retomando os versos de Galeano, “que no tienen nombre, sino número”.

Que nos fai pensar isto?
Os ninguéns na escola son tódolos nenos e as nenas que supoñen un número, un número asociado a recursos; pero tamén son os invisibles, os apáticos, os inconformistas, os inseguros, os vergoñentos, os movidos, os rápidos, os lentos. Tódolos que se saen da norma. 

Eu vexo duas normas que tal vez coexistan con outras:
A norma establecida como promedio e que se basea no modelo psicopedagóxico que nace na década dos 90, que dicta a normalidade como unha curva e que dirime que o que se desvía desta curva non é normal. 
E a norma establecida pola sociedade que pon barreiras visibles ou invisibles que determinan o que é ou non é normal, barreiras que exclúen a parte da sociedade por ser diferentes, por non ser normais. 

O que non é normal, é anormal. A relatividade de ambos conceptos non pode determinar que existan os ninguéns, nin condicionar o seu futuro. Son conceptos fráxiles que están supeditados á mirada da sociedade, polo que cada vez é máis necesario repensar a educación para avanzar. 





Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »